«Ir ás feiras internacionais serve para algo se levas bo produto»

La Voz

CULTURA

20 sep 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

P. ¿Serve para algo ir ás feiras do libro internacionais?

M.?B. A primeira vez que eu fun a feiras internacionais foi en 1991. A maior parte dos editores galegos iamos daquela a pasear. De todas formas, foi moi importante ir a esas feiras a coñecer o que había, sobre todo porque antes non había Internet. Agora xa hai editores que non van a pasear, que van a traballar e a vender os seus produtos a outros países.

X.?B. As feiras serven para algo, ademais de para aprender o que fan outras editoriais, se levas un bo produto. Cando vas a facer negocio chámase venda de dereitos ou compra de dereitos. Outra cousa son os intereses políticos asociados. Eu recordo a feira de Guadalajara en México hai dous anos, onde había dous e stands de editores galegos e un da Consellería de Cultura, representándose a si mesma. Esas contradicións están aí. Esperemos que de agora en diante Galicia poida ir cun pavillón como fai, por exemplo, Quebec. O que é moi caro é, por exemplo, ir de país invitado de honra.