-¿Por que non dirixiu a súa formación académica as letras e se decantou polas ciencias?
-Cando tiven que elixir no bacharelato ciencias ou letras foi un dilema e tiven que buscar a forma de compaxinalas, polo que decidín traballar coas ciencias e no tempo libre continuar escribindo, algo que estudando xornalismo, por exemplo, non me permitiría facer problemas de matemáticas en ratos libres.
-No momento de tomar esa decisión, ¿influíu o feito de ter unha nai escritora?
-Tiven liberdade absoluta. Eu non sabía se quería ser enxeñeira de camiños, eu quería unha carreira útil e que non me aburrise.