Papyre, a versión española

La Voz

CULTURA

15 mar 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O Papyre é a versión española dun e-lector que se fabrica en China. Pesa 220 gramos e ten as seis polgadas de pantallas que parecen un estándar do soporte. Conta con tarxetas SD e hai versións en tres colores, incluído o branco que achega máis ao Kindle. Na tenda que os distribúe en rede a última versión deste lector, a 6.1, ten un prezo de 299 euros. Os distribuidores aseguran que é o que pode ler máis variedade de formatos aínda con conversión e na web ofrecen tamén publicacións periódicas.