Azalgar: úsase co significado de fartar na zona de Allariz. ?Bruso: no Barbanza, cepillo de man ou con mango para limpar o chan. Podería vir do anglicismo brush . ?Chiolo: carro, en Bergantiños. ?Conaipas: afeminado, en A Coruña. ?De a donas: xeito de montar as mulleres a cabalo con vestido e as dúas pernas a un lado. Na Terra Chá. ?Escornapitos: vacaloura, na comarca das Mariñas. ?Filusmía ou filusmías: individuo fraco que semella un espicho, pouca cousa. ?Librar a boira: expresión que indica acabar o que un está a facer. Úsase na comarca de Bergantiños. ?Marruxo: é un sinónimo de freixó ou filloa na Ramallosa (Nigrán). ?Palanquín: Preguiceiro, lacazán. O? Barbanza.?Parrumada: ademais de sinónimo de brétema, é unha sustancia mol, xeralmente con certo sentido pexorativo. Moraña e bisbarra. ?Portén: dise que alguén lle portén a unha persoa cando ten con ela lazos de consanguinidade. Cangas do Morrazo. ?Prevalicar: matinar cousas grandiosas e fóra de razón, e tamén é sinónimo de alucinar. Moraña e bisbarra. ?Raeiro: ademais de significar tomar o sol no inverno nun lugar que está abrigado dos ventos, dise do rapaz nugallán e mal guiado que se resiste a facer os traballos, desobediente. Moraña. ?Rebendiá, á: en Lugo a nas súas proximidades significa á competencia, á porfía. ?Xarbote: parvo, en Santo André de Xeve (Pontevedra). ?Xoula: cama ou leito na comarca de Bergantiños.