Un edificio declarado de utilidade pública e interese cultural

La Voz

SADA

O IGI constituíse a finais do 77 no Museo Carlos Maside de Sada co obxectivo de crear medios de comunicación en galego, pero tras varios fracasos decidiron agardar e dedicar as instalacións a outras actividades culturais e a servizos de apoio ao Grupo Sargadelos. O edificio levantouse preto do Monte do Gozo por tratarse dun espazo histórico, e para iso o proxecto tivo que ser declarado de utilidade pública e interese cultural.