O futuro de Atocha

Manuel Monge PLAZA PÚBLICA

A CORUÑA CIUDAD

26 feb 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Ocuartel de Atocha foi elixido no 2005 polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia para a celebración do Día Mundial da Arquitectura, baixo o lema La ciudad, espacio compartido. É hora de que ese espazo sexa compartido, é dicir, sexa devolto ao concello da Coruña.

A recuperación desta instalación militar para outros usos é unha reivindicación histórica. O candidato á alcaldía polo PP en 1999, Antonio Erias, anunciaba a disposición que tiña Defensa para devolver o cuartel ao Concello, pero o goberno de Aznar non fixo nada. A deputada do PSOE Carmen Marón reclamaba a devolución cando gobernaba o PP, pero calou cando gobernaban en Madrid o seu partido.

O alcalde Francisco Vázquez tamén fixo xestións aproveitando a toma de posesión no 2004 do seu amigo José Bono como ministro de Defensa, entregáballe «un sobrecito con un papelito dentro». A deputada do PP Belén Docampo presentaba en novembro do 2010 unha Proposición non de Lei solicitando a «cesión inmediata» do cuartel ao concello e lamentaba que en seis anos do Goberno de Zapatero non houbese avances.