Ferrín consuma a súa dimisión ante o plenario da Academia

A CORUÑA CIUDAD

PACO RODRÍGUEZ

Rexeitou calquera posibilidade de reconsiderar a súa decisión por entender que as «deslealdades» dun sector de académicos fan imposible a súa permanencia

14 mar 2013 . Actualizado a las 00:26 h.

A Real Academia Galega viviu esta noite unha das xornadas máis convulsas dos seus 106 anos de historia. O escritor Xosé Luís Méndez Ferrín vén de facer efectiva, ante o plenario da corporación reunido desde as seis da tarde na sede da Academia na Coruña, a súa dimisión como presidente da RAG e a súa renuncia á cadeira vitalicia que ocupou como académico desde o seu ingreso no 2000.

Pese as peticións formais de destacados académicos, como Manuel Rivas, para que esgotase o ano que lle restaba de mandato e, sobre todo, para que continuase polo menos como membro da corporación, Ferrín rexeitou calquera posibilidade de reconsiderar a súa decisión por entender que as «deslealdades» dun sector de académicos fan imposible a súa permanencia, tal e como xa subliñara na carta do pasado 25 de febreiro na carta que comunicaba aos membros da corporación a súa renuncia.