«Non pensei que foramos a pechar, é unha mágoa»

Descarta que as súas diferenzas con Crujeiras poidan afectar ao Grupo Nove tras o peche da Estación


A Coruña / La VOz

Con gran axilidade, Beatriz Sotelo vai enchendo as cuncas co xeado de crema inglesa e fariña que presentou a escola Piñeiral, da que é mestra. Polo de agora, Sotelo aínda pode presumir de ter unha estrela Michelin, pero o repentino anuncio do peche da Estación de Cambre fará que o ano que ven a comarca da Coruña perda -salvo sorpresa- un destes prestixiosos distintivos. Sotelo prefire adoptar o plural nas súas verbas e di que o decidiron entre ela máis o seu Juan Crujeias poñer fin a quince anos de proxecto conxunto.

-¿Que lle está parecendo o Fórum?

-Considero que é unha forma de xuntar á xente do gremio. Hai moito profesional, polo que puiden ver estes días. Hai bastantes rapaces das escolas tamén, que penso que teñen que vir para coñecer como é este mundo. Tamén está a haber moita afluencia de xente.

-O Grupo Nove foi un dos protagonistas do luns.

-É moi emocionante. Somos un grupo que leva 14 anos e estás, a través dun vídeo, explicando o que es. Non só somos cociñeiros, somos amigos e iso é o que implica unha cociña.

-¿Que proxectos ten en mente tras o peche da Estación?

-O peche da Estación foi unha decisión persoal. Somos dous socios e decidímolo entre os dous. Polo de agora, eu non teño nada pechado, pese a ter varios proxectos abertos. Quero descansar un pouco porque xa levo moita guerra enriba e quero poder dedicarlle tempo á familia.

-¿Foi meditado ou repentino o peche da Estación?

-Eu non pensei que foramos a pechar. Pero ningún dos dous decidiuse a quedar con ela, así que o mellor era empezar unha nova etapa. É unha mágoa; sobre todo polo equipo. O restaurante funcionaba de marabilla, pero foi unha decisión nosa.

-¿Pode afectar ao Grupo Nove, onde tamén son compañeiros?

-A relación entre nós vai seguir sendo de cociñeiros. Non ten porque haber ningún malentendido.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

«Non pensei que foramos a pechar, é unha mágoa»