Craviotto, Walz, Arévalo e Germade aceleran para estar en Tokio

BETANZOS

Cedida por 7MetrosFotografía / RFEP

A tripulación que conseguíu a prata no último Mundial (2019) e a praza para España en Tokio deixa un tempo difícil de bater completada a primeira parte do selectivo

07 mar 2021 . Actualizado a las 14:26 h.

Esta mañá a combinación formada por Saúl Craviotto, Marcus Walz e os galegos Carlos Arévalo e Rodrigo Germade marcaron na primeira das súas dúas tiradas contrarreloxio do selectivo do K4 500 un tempo de 1 minuto 20 segundos e 842 milésimas. A falta das tres tiradas do martes ó xoves da vindeira semana no encoro asturiano de Trasona, unha máis para cada unha das tres combinacións que pelexan pola praza nos Xogos Olímpicos; co crono de onte a tripulación que conseguíu a prata no último Mundial (2019) e a praza para España en Tokio deixa un tempo difícil de bater completada a primeira parte do selectivo.

 O venres a combinación formada por Craviotto, Carlos Garrote, Arévalo e Toro cubriran o medio quilómetro en 1.24,067. O sábado Craviotto, Walz, Arévalo e Toro completaran os 500 metros en 1.24,664.

 A Real Federación Española de Piragüismo pide que a gañadora do selectivo lle saque a lo menos 6 décimas de segundo á seguinte para adxudicarlle a praza olímpica, reservándose a opción de reabrir o proceso selectivo se o barco non consigue medalla na Copa do Mundo de Szeged, Hungría, a mediados de maio.