O Céltiga ve voar dous puntos no 90 xogando en superioridade (1-1)

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

ARTEIXO

Último partido do 2025 do Céltiga, no seu campo da Illa de Arousa fronte ao Noia
Último partido do 2025 do Céltiga, no seu campo da Illa de Arousa fronte ao Noia Elena Fernández

Os de Luis Carro deixaron escapar unha vitoria que tiñan na man, logo de xogar media hora fronte a dez co Atlético Arteixo

11 ene 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Xarro de auga fría o recibido na tarde do sábado polo Céltiga na súa visita ao Atlético Arteixo en forma de empate a 1.

Superior no cómputo global do partido, cun bo fato de ocasións para abrir o marcador mesmo antes de perder a Dani Prada por lesión no minuto 11, os de Luis Carro puxéronse por diante no 53, nun centro por banda de Anxo que Marcos Blanco cabeceou ao interior da portería de Carlos. Só once minutos despois, o Arteixo quedaba con dez por expulsión de Otero. Pero no 90 o Céltiga regalou unha falta próxima á súa portería, e Berrocal sacou petróleo dela.

FICHA DO PARTIDO:

ATLÉTICO ARTEIXO (1): Carlos, Berrocal, Casas (Chucas, min 77), Agulló, Rojo (Iker, min 77), Otero, Jota, Tomé, Raúl Melo (Naya, min 67), Queijeiro (Vivito, min 82) e Diego Lamas (Rubo, min 67).

CÉLTIGA (1): Antón Pérez, Santi Figueroa (Pedro Delgado, min 58), Martín Sánchez, Carlos (Nico del Río, min 64), Óscar Iglesias, Rubén Casás, Dani Prada (Álex Rodríguez, min 11), Guille (Arnosi, min 64), Anxo, Marcos Blanco e Adri Rodríguez. 

GOLES: 0-1, min 53: Marcos Blanco. 1-1, min 90: Berrocal.

ÁRBITRO: Manuel Casanova. Expulsou con vermella directa a Otero (min 64). Amarelas a Agulló, Diego Lamas, Berrocal, Tomé e o técnico local; e a Santi Figueroa, Martín Sánchez, Marcos Blanco, Arnosi e Pedro D.