Unha das recomendacións que lles fan Cristina e Ana, de Milbrait Asesores, é que empreguen o mesmo fondo para todas as súas publicacións. Un consello que Dolores, da papelería Carlín, colleu con gañas: «Tengo preparado como un photocall fijo para mostrar todos los productos. Se encargó mi marido, que es un manitas». Explica Cristina que o que tamén buscaban con esta campaña era propoñer sinerxias entre os negocios: «Ainda que están porta con porta, vemos que falta comunicación. Queriamos poñelos en contacto».
Todos os establecementos coinciden en aplaudir a iniciativa do Concello. «Deberían implicarse en este tipo de iniciativas, somos la economía local. Hoy en día tenemos que adaptarnos al mundo digital, sobre todo después de la pandemia, que se aceleró mucho el proceso. Que nos apoyen para aprender y adaptarnos a este nuevo mundo. Formamos parte del pueblo, si nos va bien a nosotros, le va bien a todos», subliña Angie, que rexenta unha tenda de roupa e complementos.