O concurso de baile de Xacarandaina xunta a 35 grupos

La Voz A CORUÑA / LA VOZ

A CORUÑA

O pazo da Ópera acolleu a bailadores de todda Galicia na 41.ª edición do certame

26 jun 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

Trinta e cinco grupos recibiu Xacarandaina na 41.ª edición do seu concurso de baile tradicional, celebrado onte no pazo da Ópera. Pezas das catro provincias, xotas, muiñeiras, maneos, ruadas, pasodobres, polavilas, seráns, regueifas e rondas interpretaron bailadores chegados de toda Galicia, desde Rianxo ata Cotobade.