O vicepresidente da Diputación dedicará estes días a facer un percorrido costeiro e outro interior pola provincia movido pola gastronomía
29 mar 2021 . Actualizado a las 05:00 h.Xosé Regueira é, ademais de vicepresidente, responsable de Turismo da Diputación da Coruña. Di que nestes días de asueto que veñen a súa especial motivación para ir a un lado ou a outro é a gastronomía, e fai fincapé «na horta, nas carnes e nas lonxas que temos, de recoñecida excelencia».
-Dígame unha razón para non saír da provincia coruñesa.
-¡Unha non, dígolle as que queira! Nós temos un pouco de todo.
-De acordo, pero concrete.
-Para empezar, 956 quilómetros de costa. Para seguir, somos epicentro Xacobeo, con todo o que iso significa en canto a itinerarios a Compostela, que son á súa vez unha oportunidade para o turismo activo, o turismo cultural, turismo paisaxístico, e por que non dicilo, turismo espiritual.
-A situación xeral non é óptima.
-Certo, pero debemos aproveitar as oportunidades, e debemos facelo con responsabilidade e con intelixencia. Podemos ir a un espazo natural, a ver faros e cousas que son moi gratificantes.
-¿Por exemplo?
-¡Solpores de película! Son gratis e temos un cada día, distinto dende cada punto, só depende de onde un estea. ¡Mil marabillas!
-Dende o punto de vista turístico, ¿como definiría a provincia?
-Sen dúbida algunha, unha aposta segura de éxito.
-Por certo, ¿que vai facer vostede en Semana Santa?
-Se as condicións o permiten, farei un percorrido pola costa e outro polo interior, coa gastronomía como especial motivación.
-¿Pola provincia da Coruña?
-¡Claro!