El escritor y periodista Xesús Fraga tenía novela escrita y premiada: «A pandemia coincidiu cos preparativos para presentar Virtudes (e misterios), xa que o libro saíu xusto nesas datas. Ao principio, non estaba claro o alcance e repercusión que ía ter a enfermidade e tiñamos tres actos previstos. Pero a medida que se achegaba a primeira data, a presentación no cine Alfonsetti de Betanzos, programada para o 14 de marzo, a incidencia foi medrando e tomamos a decisión, por precaución, de adiar as actividades. E xusto esa semana entrou en vigor o primeiro estado de alarma e o seu confinamento». Como mucha gente, «traballei dende casa, conectado co meu ordenador do periódico [La Voz de Galicia], dando conta, sobre todo, das numerosas iniciativas culturais que se puxeron en marcha de xeito virtual para que a creación non se detivese e tamén, como quedou demostrado, para servir de conforto e alivio neses días de peche e incertezas».