Xesús Domecnech, foise un imprescindíbel

cristina lópez

A CORUÑA

Fora concelleiro do BNG en Abegondo e tivo distintas responsabilidades dentro da formación

13 oct 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

«Hai homes que loitan un dia e son bos. Hai outros que loitan un ano e son mellores. Hai quen loita moitos anos e son moi bos. Pero hai os que loitan toda a vida: eses son os imprescindibles», dixo Bertolt Brecht. Acaba de irse un deses homes imprescindibles. Dunha maneira tan discreta como foi toda a súa vida e a súa loita. Xesús Domenech foi un home que loitou toda a vida por un país máis digno e un mundo máis xusto, desde diferentes responsabilidades organizativas dentro do BNG.

Foi un de tantos que, no Riazor de 1982, contribuía a fundar o Bloque Nacionalista Galego. Un home nobre, traballador e humilde cuxa entrega polo noso país xa estaba máis que probada moito antes. Nunca unha palabra máis alta que outra. Nunca protagonismo ou lucimento persoal. Mesmo cando asumiu o cargo de concelleiro en Abegondo fíxoo desde a convicción no proxecto e o grupo. Non por falta de principios ou de afouteza, senón pola entrega a unha causa colectiva durante toda unha vida.

Compañeiro exemplar, paciente profesor nos ámbitos nos que o seu desempeño profesional o convertera en experto, só desde esa aparcería cotiá se acada a comprender o oco que deixa unha persoa da talla humana de Suso Domenech. Unha ausencia que só se fará máis levadeira co seu exemplo impagábel.

Dende o BNG trasladamos o noso pésame á familia e a todas ás persoas que máis estreitamente compartiron vida con Suso, un bo e xeneroso.