Circunvalar a vela o golfo Ártabro

As tripulacións dos barcos tradicionais están citadas o día 17 en Lorbé para preparar un periplo de dez días de navegación a celebrar en agosto


Oleiros

En Lorbé, nun porto tradicional e base dunha das poucas carpinterías de ribeira en activo, está convocada a cita coa que se pretende organizar a primeira Xuntanza Mariñeira Ártabra, co fin de darlle pulo a este tipo de patrimonio nunha zona onde distintas asociacións traballan en solitario para reivindicar a navegación a vela en barcos de madeira. O encontro do sábado 17 no porto oleirense, as 11.00 horas, pretende servir para que os navegantes fixen posturas para unha cita que se propón para entre o 10 e o 18 de agosto. Búscase que poidan sumarse o maior número de embarcacións e tripulantes e por iso convócase nunha data que permite aproveitar dous fins de semana e un festivo.

 

A iniciativa é un percorrido circular polo golfo Ártabro no que cada día visitarase un porto, aínda que está aberta a que haxa participantes que se sumen só a parte da travesía. Non está decidido de onde arrancará esta xuntanza que pretende xerar espazos de confluencia entre os navegantes de vela tradicional, pero preténdese que haxa apoios para visitar os peiraos de Ferrol, Mugardos, Ares, Redes, Perbes, Sada, Mera, A Coruña e Ferrol, e que se fagan regatas pola ría.

Proponse que a organización desta xuntanza sexa o máis sinxela posible e que as asociacións de cada dársena se ocupen da intendencia na súa escala, ofrecendo opcións de aloxamentos, locais hostaleiros para as comidas de confraternidade ou quen faga as actividades que se podan levar a cabo para dar a coñecer en cada zona a vela tradicional, similar ao que se fai nos encontros que se promoven con carácter bianual dende a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.

A reunión celebrarase aproveitando a quinta edición da Festa da Centola, que organiza a Confraría de Pescadores de Lorbé. Como en anos precedentes, no peirao instalarase una carpa onde os comensais poderán degustar, a partir das 13.00 horas e a prezos populares, centolas e mexillóns

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Circunvalar a vela o golfo Ártabro