Gaiteiro ata o último día

Faleceu nas Pontes Manuel Castro «Freixo»


Ninguén pode entender a vida do pontés Manuel Castro Fernández - máis coñecido como Freixo- sen a música. E especialmente, sen unha gaita, porque a ela estivo unido durante décadas, a maior parte dos 98 anos que onte puxeron un punto e final. Era por iso polo que a Asociación de Gaiteiros Galegos o recoñecía como «o maior gaiteiro en activo». Os que o coñecían din del que «sempre estaba alegre» e que «onde houbera unha gaita, alí estaba el. As ganas de festa nunca lle faltaban». Aprendeu de maneira autodidacta de neno, cunha frauta que confeccionou, e integrou numerosas agrupacións, e conseguiu, por fin, que a súa música quedase gravada nun disco coa axuda de amigos e músicos. Natural da parroquia de O Freixo, acabou vivindo no núcleo das Pontes tras entrar a traballar na empresa Calvo Sotelo. Unha profesión que compatibilizou coa súa ampla familia e co seu amor pola música tradicional. As repichocas pontesas botarano en falta. Tanto como el.

Conoce nuestra newsletter con toda la actualidad de A Coruña

Hemos creado para ti una selección de noticias de la ciudad y su área metropolitana para que las recibas en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Comentarios

Gaiteiro ata o último día