A colección de Villar Ponte

La Voz

A CORUÑA

Pode verse ata o venres na Real Academia Galega

25 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Ata o venres • Real Academia Galega • Con motivo do Día da Biblioteca, desde onte ata o vindeiro venres poden verse na Real Academia Galega unha mostra do fondo particular de Antón Villar Ponte. Con esta mostra a Academia sigue conmemorando o centenario das Irmandades da Fala homenaxeando a un dos seus fundadores. Este fondo foi doado á RAG no 2001 por Esperanza Casal Rodríguez, nora do intelectual e por indicación do seu home, Antón Villar Chao. A meirande parte dos libros expostos son da literatura galega de principios do século pasado.