«A poesía é un xénero que da moita liberdade»

A CORUÑA

ablo Bouza naceu en Fene en 1965. Pero é cullerdense dende hai 25 anos, cando sacou unha oposición no Concello de Culleredo. Actualmente é o xefe do Servizo de Cultura e Educación, pero este licenciado en Filosofía non é só coñecido pola súa faceta profesional. Tamén por ter publicado varios libros de poesía e, aínda que non o recoñeza, os seus pinitos na arte pictórica.

-¿Cantos libros ten publicado?

-Pois xa serán cinco ou seis. Pero todos saíron publicados a base de premios.

-¿Non é posible publicar poesía se non é con algún recoñecemento?

-É un xénero bastante minoritario, así que si, é bastante difícil se non é a través dun premio literario. De feito, que che publiquen a túa obra é case máis atractivo que a dotación económica, xa que tampouco son moi cuantiosos.

-¿E así foi como empezou vostede?

-Sempre escribín poesía, dende moi novo. Pero publiquei o meu primeiro libro grazas a un premio da Deputación. Despois chegaron os de Vilalba (que gañei catro ou cinco veces e é o máis antigo de Galicia) e tamén o concurso que convoca o Concello de Marín, o de Condes de Gondomar...

-¿E so escribe poesía?

-Si. Exclusivamente.

-¿En que está traballando agora mesmo?

-Nada definido. Tampouco teño un método de traballo racional. Me considero un poeta máis de inspiración. Arranco unha tempada pero a deixo por outra e o retomo despois. Teño tempadas que escribo máis.

-¿Que ten a poesía que non atopa na narrativa?

-É un xénero que te da moita liberdade no proceso creativo.

-Pero aínda así os seus libros teñen unha liña temática, un universo común.

-Si. Iso din os críticos. Sempre ando bastante preocupado pola memoria histórica, pola memoria persoal e as experiencias pasadas. Os meus libros están escritos en momentos vitais diferentes, pero é certo que hai una poética da memoria como nostalxia.

-Quizais se note máis en Grávido signo.

-É que escribín ese libro despois da morte do meu pai.

-¿E que pode aportar un poeta na concellaría de Cultura?

-Quizais unha sensibilidade especial hacia os medios culturais.

-Pero Culleredo non ten certame poético....

-Si que o tivo hai anos, pero agora Culleredo é un municipio abanderado nas exposicións pictóricas, cunha programación teatral moi potente e cun programa de animación á lectura que é todo un referente e da que me sinto moi orgulloso.

P

Pablo Bouza

Poeta e xestor cultural

Bouza é xefe do servizo de Cultura en Culleredo

[elena silveira]

«Culleredo é un municipio abanderado nas exposicións pictóricas»