División prexudicial

A CORUÑA

23 mar 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Aactual división do nacionalismo non parece a mellor estratexia para conseguir bos resultados electorais nos concellos da nosa comarca. A única vantaxe é a posibilidade de aumentar os chamados índices de poder, o que posibilitaría maiorías mediante coalicións.

O noso sistema electoral segue un criterio de reparto de escanos que non beneficia aos partidos pequenos; entre as razóns están a necesidade de superar a barreira do 5 % dos votos válidos emitidos nas eleccións municipais, que a asignación se basee na controvertida Lei d?Hont, que inflúe negativamente nas formacións con menos representatividade e que non respecta a proporcionalidade, ademais de que os votos en branco tamén computan para o reparto. Un exemplo son as últimas eleccións galegas, nas que un de cada dez galegos votaron unha opción política que non tivo representación.

O problema do reparto proporcional pode e debe mellorarse, mediante un método numericamente xusto, pero este é un tema que debería ser resolto por matemáticos, onde Galicia por certo é unha referencia internacional.