Los sindicatos desconvocan la huelga en el sector ferroviario
O candidato de Terra Galega en Arteixo, Xosé Márquez, contestou onte ás preguntas que os internautas lle fixeron a través do Encuentro Digital organizado por Lavoz.es. Estas son algunhas das respostas:
-¿ Volvería a ir en una lista del PP, del PSOE o del BNG?
-Non valoro formar parte de ningunha lista que non sexa Terra Galega.
-Usted que ha gobernado con Pose y con Pilar. ¿Cual ha sido mejor en la alcaldía?
-Son situacións de alcaldes diferentes e en tempos totalmente distintos tamén. Polo tanto, con eses matices e co meu respecto hacia os dous, non me quedo con ningún deles. Os motivos son claros con respecto a Pose, por iso estou en Terra Galega e con Pilar, aínda que a situación que vivimos durante estes catro anos foi moi complicada, puido facer máis por Arteixo.
-¿Llevará a algún inmigrante en la lista?
-En principio a lista non está pechada, polo tanto, non descartamos a viabilidade de incorporar algún inmigrante, Sempre que cumpra cos parámetros que establece o noso partido.
-¿Para usted hacer política es poner parches a las carreteras, bancos, asfaltados de caminos, y poner cemento para hacer limpieza de los vestigios del pasado?
-Para min facer política é traballar polos veciños de Arteixo mentres sexa elixido para desempeñar este cargo. E non teño que facer limpeza dos vestixios do pasado porque está claro que teño un pasado ao 100% limpo.
-¿Le da miedo acabar como Julián Muñoz el de Marbella?
-Non me da medo, para nada, xa que con todos os anos que levo en política podo dicir abertamente que nunca aparecín en ningún caso de corrupción.
-¿Se arrepiente de haber pactado con el PSOE y que ahora le este dando la espalda?
-Márquez non se arrepinte nunca das súas decisións. Outra cuestión é que o pacto co grupo socialista saíra mellor ou peor, pero tamén sei valorar as cambadelas que por parte da oposición nos estiveron facendo durante estes catro anos. Con respecto a que nos están dando as costas, iso o valorarán os veciños o día 22 de maio.
-¿Cal é a súa opinión sobre o velo? ¿Cre que a Xunta está a actuar ben?
-Xa expliquei en demasiadas ocasións a miña opinión. Cada quen pode andar como lle pareza sempre que non lle falte o respecto aos demais. En canto á Xunta, debería de facer un regulamento para todos os centros galegos e así se evitarían este tipo de conflitos.
-Si no puede ser usted alcalde, ¿quien le gustaría que fuese?
-Non me plantexo non ser alcalde nesta nova lexislatura.