A lingua sae as rúas

La Voz LA VOZ | A CORUÑA

A CORUÑA

CASTRO PARÍS

Crónica | Unha celebración para apoiar ao galego Case catro mil escolares da Coruña e a súa comarca convertiron nunha festa a súa reivindicación dun maior uso do galego e corearon lemas como «ninguén nos cala!»

15 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.

Xuntáronse arredor da torre de Hércules. Foron chegando de distintos lugares da cidade e tamén dos centros escolares da comarca. Preto de catro mil alumnos, apuntaron os organizadores de Correlingua, xuntaronse onte para convertir nunha festa a súa reivindicación dun maior uso do galego, sobre todo por parte das empresas: «Os de Wanadoo, Jazztel, Fenosa non estudaron que Galiza é fermosa, claro que non!, porque estudaron xeografía sen saber donde estaba Galiza, pero agora deberíano saber xa que hai atlas en galego para ler e aprender!». Son palabras do manifesto Galegando, que foi leido por Uxía Lema, alumna de primaria de Muxía. A lectura tivo lugar nos xardíns de Méndez Núñez, donde foron premiadas as mellores pancartas e actuaron Chévere e o Xabarín Clube da TVG, que se amosou satisfeito dos 11.000 socios que ten na cidade e preto de 17.000 na comarca. Desde un curruncho dos xardíns, Valle-Inclán miraba todo o rebumbio desde o seu busto barbudo.