«O progreso non pode medirse en metros cúbicos de cemento»

Bea Abelairas
Bea Abelairas A CORUÑA

A CORUÑA

Entrevista | Abel López Soto Namorouse de Sada ao tempo que estudaba a carreira na Universidade da Coruña. «A paisaxe natural da ría é única. É unha das vilas máis bonitas de Galicia», sostén.

24 feb 2007 . Actualizado a las 06:00 h.

? candidato á alcaldía de Sada polo BNG, Abel López Soto (Pontes, 1954), evoca con frecuencia os centos de cidadáns que saíron a rúa para protestar contra a moción de censura do ano 2003, a mesma que deixou en sete meses o seu mandato como alcalde de Sada. «Recórdoo con orgullo e con vertixe, por todo o que esa xente espera de min», confesa emocionado a pesar da cautela matemática coa que mide as súas palabras. Fala de pactos, pero coa cidadanía, á que promete «un plan de futuro ilusionante». -Non estou de acordo, fixemos unha oposición firme, pero dialogante, quen se negou ao diálogo foi o alcalde, o último pleno é unha proba evidente de que, se quere dialogar, estamos dispostos: baixamos en case cen mil pesetas a taxa para auga e saneamento, que foi unha proposta nosa. Evidentemente, a crispación que houbo xerouna a moción de censura. -¿Cales son os obxectivos que se marca? -Queremos concertar coa sociedade un plan de futuro que teña como prioridades recuperar o diálogo institucional; consensuar un plan xeral de ordenación municipal e lograr un goberno que traballe co obxectivo de ter o máximo beneficio social. O progreso de Sada non pode medirse só en metros cúbicos de cemento, senón por política de benestar. -Pero unha boa parte de Sada vive pendente do urbanismo. -Preocúpanos especialmente a xente que ten terreos nas parroquias, ¡de construír en 600 metros de súpeto pasa a ter un límite de 2.000! Hai que cambiar esta normativa. Unha das primeiras medias a adoptar polo novo goberno sería propoñer a comisión de Política Territorial a sinatura dun convenio de colaboración que teña como obxectivos básicos a determinación de criterios xerais para o plan de ordenamento xeral e modificar aspectos da actual ordenación urbanística provisional, especialmente no referido aos núcleos rurais. -¿E o máis urxente? -Lograr un goberno forte, dialogante e estable. Os sadenses queren solucións, non pelexas constantes coa Xunta, nin coa Deputación... Esta vila merece ser coñecida polo seu potencial e non polas extravagancias dun alcalde que se vangloria de saír no Tomate... Home, iso non é o que debe facer un alcalde. -Rodríguez Ares prognostica crise de emprego se segue baixando o número de obras. -A construción é moi importante, ninguén está dicindo que haxa que parala. O que hai que facer é as cousas ben para que a Xunta non teña que suspender o planeamento, que é a medida máis forte que lle pode pasar a un alcalde. Ares bótalle a culpa a todo o mundo da súa incapacidade e da súa mala xestión. -¿Que equipamentos serían prioritarios? - A política de Rodríguez Ares trouxo como consecuencia a carencia de terreos para equipamentos. Desde o goberno municipal poñeremos a disposición da Xunta terreos axeitados para a construción dun Colexio no núcleo urbán de Sada, unha Galescola e un Centro de Día. Tamén consideramos prioritaria a construción dun conservatorio de música e un edificio institucional no porto. Para elo é fundamental o dialogo institucional e a aposta decidida polos servizos públicos que como alcalde me comprometo a defender. -¿Que solucións propón para o porto? -O prioritario é a súa ordenación mediante o Plan Especial. Desde o goberno municipal seguiremos esixindo que se regularice a cesión da Casa da Cultura e negociaremos unha parcela dotacional para equipamento.