O centenario da Real Academia Galega centra o último número de «Grial», presentado onte

La Voz LA VOZ | A CORUÑA

A CORUÑA

«Esta é unha nova entrega dunha das máis importantes ferramentas da cultura galega», así calificou onte José Luis Méndez a revista Grial, editada por Galaxia e da que se presentou o último numero na Fundación Caixa Galicia. A publicación, nacida no ano 1951, está dedicada nesta ocasión aos cen anos da Real Academia Galega, aínda que tamén recolle outros destacados traballos como son as cartas de Ramón Piñeiro a Basilio Losada nas que, en palabras de Víctor F. Freixanes, «hai un anaco da historia contemporánea». Freixanes agradeceu o apoio da Fundación Caixa Galicia, a Deputación coruñesa e o Concello da Coruña para facer posible esta revista da que se editan casi 3.000 exemplares e que conta con 700 suscriptores e casi mil inscripcións de institucións oficiais. Tamén salientou traballos como o de Manuel Ferreiro sobre Eduardo Pondal e Os Eoas, ou a entrevista con Xosé Ramón Barreiro, o presidente da Real Academia Galega, «na que expón un proxecto de futuro», algo que eloxiou frente a outros que se dedican «a mirar hacia atrás e entrar nos cimeterios, moi ben diseñados, iso sí, e moi ricamente subvencionados». Barreiro confesou que no seu día fora crítico co novo diseño de revista Grial «porque iso dos coloriños non chegaban a convencerme», pero ahora defendeu este novo diseño e eloxiou aos seus editores..