A explosión por un curtocircuíto arrinca a porta dun centro de transformación en Meicende
A CORUÑA
?ran parte dos veciños de Meicende quedaron onte pola tarde sen luz debido a un corte no subministro eléctrico ocasionado por unha explosión no centro de transformación situado na avenida do Palleiro. O corte de luz, que só durou dez minutos, comezou sobre as 19.10 horas, cando un cortocircuito ocasionou unha explosión que arrincou a porta desta instalación. Según explicaron dende o parque de bombeiros de Arteixo, non houbo que desaloxar aos veciños de edificios próximos. De todas formas, según explicaron veciños da zona, xa antes, sobre as cinco e cuarto da tarde, escoitaron outro estoupido e viron que saía humo por unha rendiña do centro de transformación. «Chamamos a Unión Fenosa, pero os técnicos non viñeron ata que pasou o segundo», dixo un dos afectados. Outras persoas explicaron que a compañía eléctrica lles recoñeceu que a torreta «é moi antiga» e que posiblemente o curtocircuíto se debeu a unha filtración de auga polo tellado. Por outro lado, os bombeiros da Coruña atenderon outra explosión onte á tarde nun centro de transformación próximo ao antigo parque militar de automóbiles.