Aparatosa saída de vía en A Baiuca

La Voz

A CORUÑA

CÉSAR DELGADO

? Garda Civil tivo que regular a circulación na N-634, á altura de A Baiuca, en Curtis, debido a un espectacular accidente dun camión, que mantivo restrinxido o tráfico nun dos carrís, mentres o limpaba o servizo de mantemento de estradas. O vehículo, con placa OU-1087-W, saíuse da estrada nunha curva e, tras invadir o carril contrario, caeu na cuneta. A cabeza do trailer quedou sepultada entre a maleza, e o seu condutor, con iniciais F.G.F., de 56 anos, tivo que ser trasladado por unha ambulacia do 061 de Arzúa ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, xa que presentaba feridas, aínda que non revestían gravidade. ?