«Non me gusta ser un mero espectador do que me rodea»

Fernando Molezún A CORUÑA

A CORUÑA

EDUARDO

Entrevista | David Pena O pasado venres acadou por maioría aplastante a presidencia da asociación de veciños do barrio que agora promete defender

03 abr 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

?ras oito anos presidindo a asociación de veciños de Atochas-Monte Alto, Lois Concheiro decidíu non presentarse á reelección, deixando a un membro da súa directiva como candidato de confianza, que finalmente saíu elixido. David Pena, un xoven avogado que, lonxe de conformarse cunha postura continuista, pretende revitalizar o movemento veciñal no seu barrio. -¿Cal é o primeiro asunto que van tratar na xunta directiva? -Primeiro decidiremos os cargos, pero fora de cuestións internas o máis urxente é o do centro de saúde e conseguir un centro de día e aulas para xestión xuvenil e cultural nas instalacións do cárcere. Aínda que o máis inmediato será unha festa para os maiores na que entregaremos insignias de ouro aos avós que leven 25 anos na asociación. -Destaca a importancia da participación cidadá. -É fundamental. Un obxectivo desta directiva é aumentar o número de socios, sobre todo de xóvenes. Se nas xuntas nas que tratamos temas concretos houbese tanta xente como o día da votación, conseguiríamos moitas máis cousas. -Houbo unha boa participación nas eleccións. -Boísima para o que viña sendo habitual. Son os froitos da política de incitación á participación veciñal que vimos practicando. Ademais, isto de ter dúas candidaturas tensiona máis. -¿Está satisfeito co resultado? -Home, 112 votos para a nosa candidatura, 22 para a outra e 2 en branco... Eu son de letras puras, pero creo que iso non está mal. -¿Por que se meteu no movemento veciñal? -Hai xente que ve o mundo moverse e outra que move o mundo. A min non me gusta ser un mero espectador do que me rodea, teño que participar.