«Non podo ser imaxe pública dun BNG que non me gusta»

Ana Rodríguez A CORUÑA

A CORUÑA

ESTUDIOS BLANCO

Entrevista | Isidro do Porto

03 dic 2004 . Actualizado a las 06:00 h.

?Estou aquí para comunicar a miña próxima renuncia como voceiro do grupo municipal do BNG e como concelleiro de Urbanismo e Vivenda. Poido falar máis alto, pero dificilmente máis claro». Isidro do Porto vaise. E vaise por razóns concretas. -Eu fun o máximo defensor daquel acordo e o que opinaba onte e o que opino hoxe é que a coalición de goberno é boa para Betanzos. Estou orgulloso da consolidación interna do BNG neste municipio e deséxolles todos os éxitos aos compañeiros que asuman as funcións que eu deixo, pero o que non podía facer era seguir sendo a imaxe pública dun BNG que non me gusta, que camiña por unha senda que non foi consensuada comigo. -Habelos hainos. Como a auditoría interna que está sen executar; a contratación do irmá dun tenente alcalde que está sen explicar; ou un presuposto que se aprobou sen que eu tivera toda a documentación precisa. Aínda hoxe descoñezo as bases de execución dese presuposto, o plan de saneamento das contas municipais ou de onde pode saír o incremento dos ingresos que eles venden. -¿Onde está entón o problema, no BNG ou no PSOE? -Creo que o BNG ten que demostrar que sabe e quere gobernar, pero tamén que o BNG debe comprometerse coa modernización de Betanzos. Moitos betanceiros e tamén moitos afiliados trasladáronme o seu descontento coa aplicación práctica do pacto, eu trasladeilla aos meus compañeiros e non obtiven o seu respaldo e se puso en duda o meu liderazgo. -E decidiu marchar... -Porque non teño hipotecas de ningunha índole e porque o meu compromiso foi unicamente con Betanzos. E quero dicir que pecho esta etapa en posesión do mesmo patrimonio que tiña e cun traballo basado na honradez e cun ideario político ao que nunca renunciarei. -Deixa entón a portavocía do grupo municipal e a concellería de Urbanismo. ¿E a acta de concelleiro? ¿E o BNG? -En principio quero dedicarme á miña familia e á miña profesión -Do Porto é arquitecto técnico-, pero aínda estou pendente de falar co alcalde. Respecto ao partido, levo 18 anos nel e a miña intención é seguir así -¿Pódese falar dunha clara división no partido? -Eu represento unha corrente que ten moitos apoios na asamblea local, pero que non é a que pide a dirección do partido, pero eu seguirei traballando para que sexa recoñecida a opinión dun sector importante do grupo. -¿E pódese dicir que coa renuncia gaña o PSOE? -Non é cuestión de gañar ou perder. É cuestión de coherencia. Eu, persoalmente, creo que perde Betanzos.