Entrevista | Henrique Tello León Tello reflexiona sobre a liorta verbal duns poucos segundos que provocou a suspensión do último pleno municipal
03 may 2004 . Actualizado a las 07:00 h.Henrique Tello León (Corcubión, 1951) empregou a xornada de onte en rematar o control sobre as 53 decisións aprobadas pola Xunta de Goberno Local o pasado venres e sobre as que o BNG pretende estreitar o control. Pola súa cabeza non pasa a posibilidade de ser castigado polo conflicto aberto na sesión plenaria do venres co alcalde, Francisco Vázquez. «É que penso que non son merecedor de ninguna penalización. En calquer caso, se finalmente se abre expediente, supoño que me levantarán a sanción, como a Figo», relata Henrique Tello. -¿Como analiza a suspensión do pleno setenta e dúas horas despois? -Pois, seguindo as comparacións futbolísticas, se se repasa a moviola pódese comprobar que non fixen nada malo. -O pleno tivo que suspenderse. -Pero non foi correto. Insisto en que Vázquez non fixo caso do regulamento municipal que el mesmo aprobou cando tiña unha maioría aplastante. Alí está recollida a posibilidade de que calquer concelleiro presente unha cuestión de orde. É certo que logo é o alcalde o que di se procede ou non, pero ten a obriga de escoitar e non o fixo. -Desde as bancadas do equipo de goberno fálase do interese do Bloque de aumentar a tensión. -Iso é totalmente falso. Nós non chegamos con ningunha idea premeditada. O único certo é que Vázquez está a incumprir a lei e nós non queremos xudicializar a vida municipal, pero se non se respetan as condicións do xogo, non nos vai quedar máis remedio que recurrir aos tribunais para poder defender aos cidadáns. -¿Pode afectar este enfrontamento en María Pita a outros pactos? -Penso que non. Isto é un caso aillado que pon de manifesto a existencia de certos tics autoritaristas que non acaban de desaparecer e que deberían ir acabándose despois de máis de vinte anos de exercicio do poder.