«É un segredo a voces: nunca deixei de dirixir a política de Oleiros»

Ana Lorenzo Fernández
Ana Lorenzo A CORUÑA

A CORUÑA

Entrevista | Ángel García Seoane

18 jun 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

? despacho de García Seoane está invadido por unha morea de papeles que se misturan cunhas maracas -«son un regalo», explica-, e cos recordos da súa antecesora no cargo. -¿Vai conservar as fotos de Esther Pita? -Non vexo por qué non. Unha polo menos si (refírese a que está a ex alcaldesa co dirixente cubano), e vou traer a miña con Fidel Castro. -¿Como foi a volta ó traballo despois de seis anos sen ocupar o sillón de alcalde? -Non hai unha volta ó traballo, o traballo non parou. É un segredo a voces que nunca deixei de dirixir a política de Oleiros. -¿A que adicou estes primeiros días? -A reorganizar un pouco o Concello debido ós cambios que se produciron, porque, ademais, vai haber unha delegación total de competencias nos concelleiros de cada materia. Eu só atenderei aquelo que, por lei, sexa indispensable. Quero que cada concelleiro sexa o alcalde da súa área, e que os veciños falen con eles para resolver os problemas. -Entón, terán dedicación exclusiva. ­-Por suposto. Xa o dixemos durante a campaña, que se gañaba Alternativa, os concellais que tiveran chollo tiñan que deixalo para traballar para o Concello. Non se pode ter dous chollos. Pero o salario conleva obrigación e dedicación, e traballar duro oito horas como mínimo. -¿Que aspectos vai mellorar na xestión municipal? -A atención ó cidadán ten que mellorar, non se pode estar dous meses para conseguir unha licencia para unha obra menor. O obxectivo é que se conceda no mesmo día. Ademais, quero eliminar unha serie de vicios que se produciron en momentos de crise e que, incomprensiblemente, fixeron que existiran moitos xefes. -¿Funcionará o pacto co BNG de Tenreiro? -A nosa política ten moitos puntos comúns. A Antón Tenreiro nunca o vin coma a un inimigo, o inimigo número un está claro quen é, o PSOE.