«O castelán é coma unha eutanasia para o galego»

Ana Lorenzo Fernández
Ana Lorenzo A CORUÑA

A CORUÑA

?eixou de escribir ós vinte anos porque pensaba que non valía para nada. Antes de que nacera a súa filla, Paula San Vicente (A Coruña, 1963) volveu de novo a coller a pluma, e non lle foi nada mal: ó primeiro concurso que se presenta -ó Manuel Murguía-, consegue o primeiro premio. -¿Que se sinte ó chegar e bicar o santo? -Moi ben, porque ademais eu escribo en galego reintegracionista ou lusista, e aquí só hai dous concursos que admitan este traballos. -¿E por que escolleu esa opción? -Porque creo que é a única posibilidade para que o galego sobreviva sen ser absorbido polo castelán. O castelán é coma unha eutanasia para o galego, coma unha morte lenta. -¿De que vai o seu relato? -Son episodios moi pequenos da vida dunha persoa, desde que é nena ata a súa vellez, e se van xuntando as voces da filla, a muller e a avoa. -¿Ten algo que ver coa súa experiencia persoal ou é todo imaxinario? -Eu non invento, poño no papel as cousas que me contan e as adorno. Normalmente son anécdotas que me contan ou que vexo. ?É coma se as pescara da realidade e lle dera forma literaria. -Entón non crerá na inspiración. -Eso que se chama inspiración, se é que existe, xurde cando me relatan unha historia e sinto que teño que escribila. -¿Escribe para que a lean ou para si mesma? -Eu non creo que ninguén escriba para si. Escribes para que che lean. É moi bonito escoitar o que interpretan os demais das cousas que ti relatas. Eu creo que os libros nuncan están acabados ata que alguén os le. ­-¿E para cando un libro? -Estou pendente de que me publiquen un en Portugal, aquí os meus libros non teñen saída.