O candidato nacionalista á alcaldía da cidade nos últimos 16 anos cre que «a xente está a pedir un cambio».
26 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.Henrique Tello despertou onte cun atasco de mensaxes no teléfono, epílogos da doce resaca dunha noite na que os nacionalistas doblaron a súa presencia no Concello e acadaron 13.000 votos máis que nas pasadas eleccións municipais. -Non, todavía non falei con el, pero felicitoume a través da dirección do partido. Hoxe (por onte) teremos tempo de conversar, a nosa relación é excelente. -O buzón do seu móvil estaba cheo. -A primeira voz que escoitei hoxe foi a do contestador que dicía que tiña que baleiralo para poder recibir máis. Eran mensaxes da familia, de amigos e ata periodistas. Tamén tiña unha mensaxe de Corcoba, que chamou para felicitarme. Hoxe (por onte) chamareille eu. -A día de hoxe esa non é a miña intención política, o meu horizonte. No 2007 gobernará unha coalición BNG-PSOE, comigo como alcalde. -Hoxe escoitei nunha cafetería que lle chamaban «terremoto Tello». -É o piropo máis bonito que oín dende onte. Encántame. -¿Como interpreta que o PP manteña o seu número de concelleiros na cidade? -Si, a pesar do Prestige e da guerra. O PP movilizou o seu electorado, e eu confío en que non suba para a próxima. Vou pelexar para que sexa así. -¿E o resultado de Francisco Vázquez? -A cidade cae, está inmersa nun declive económico e social. A cidadanía quere pasar do decorado a un escenario real, quere puxanza, quere traballo e quere vivenda. A xente está a pedir un cambio, e eso era precisamente o que ofrecíamos.