«A miña marcha do BNG é coma cando un matrimonio vai mal»

Dolores Vázquez A CORUÑA

A CORUÑA

GEMMA SANZ

24 sep 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

Narciso Marzoa entrou na primeira corporación democrática de Culleredo baixo as siglas de Unidade de Veciños, a partires de aí presentouse baixo as do BNG, ó que se afiliou no ano 1989. Agora, cuestiona a renovación desta formación e deixa o Bloque, pero non a súa acta como concelleiro. -¿Que lle parece a decisión do pleno? -Píllame de sorpresa, era unha das dúas posibilidades. Sempre dixen que quedarei na posición máis cómoda para todo o mundo. -¿A que se debe a súa renuncia o BNG neste momento? -Considero que agora é cando empeza o curso político e non quero verme implicado nese proceso, nin entrar en ningún debate. -Vostede levaba vinte anos vencellado o Bloque. -Si, foi unha decisión difícil de tomar, pero é coma cando un matrimonio vai mal... -Dise que pode ter afinidades co PSOE. -Polo momento, paso a ser independente. A situación máis lóxica é que remate a lexislatura. A ninguén se lle escapa que está sen aprobar o Plan Xeral e que eu traballei moito tempo nel. -¿Verémolo baixo novas siglas entón? -As posibilidades son todas e ningunha. Tómome estes meses para pensar. -Desde o BNG lánzanse duras críticas a súa marcha. -Entendo que sentara mal a decisión, o que non quero é que haxa saídas de tono.