«Se facemos que un neno volva rir, pagará a pena»

La Voz

A CORUÑA

XOÁN PIÑÓN

ANA LORENZO EL CRONÓMETRO María Manuela, cantante

30 mar 2001 . Actualizado a las 07:00 h.

Confésase un «pouquiño coruñesa porque á miña nai déulle por traerme ó mundo nesta cidade», aínda que toda a súa vida pasouna en Ferrol. A pintora e cantante María Manuela subirá hoxe ó escenario do teatro Colón xunto con outras artistas que colaboran con Unicef para recaudar fondos para os damnificados da India y El Salvador. -Sempre se lle relaciona cos actos solidarios. ¿Pódese definir coma unha artista comprometida? -Creo que todo o mundo ten o meu teléfono e por iso me chaman para todos estes festivais. A verdade é que me gusta axudar ós demais porque a min tamén me axudaron. -¿Que lle pediría ós coruñeses? -Penso que a esta gala deberían acudir todos. Se podemos facer que un neno deses países tan lonxanos volva rir, pagará a pena. O que necesitamos é que acuda moita xente, senón é unha tontería. -Aparte dos festivais, ¿en que traballa agora? -Estou preparando unha mostra de cadros figurativos e tamén as novas cancións do meu proximo disco, que seguramente sairá no mes de decembro.