Parecía que o Celta era un clube modélico. Pola súa política económica, pola súa aposta deportiva, pola súa palabra e polos seus feitos. Case todo era mentira.
Unha vez máis confirmouse que nun escenario de crise é cando Carlos Mouriño perde todos eses valores. Cos resultados na man a súa decisión de prescindir de Paco Herrera é a máis lóxica, unha máxima no mundo do fútbol, pero o presidente errou na forma e tamén non limiar.
Non é de recibo que a persoa que lle deu estabilidade ao clube primeiro, e logo un ascenso e un cheque ao portador sacando a xogar en Primeira a un foto de canteiráns, se entere da súa destitución 24 horas despois da negociación con Abel. E ademáis por teléfono. Se o tiña decidido sería moito máis doado que o propio Mouriño o fixese en persoa en Getafe logo do partido.
Como non é de recibo xurar amor eterno cando no mundo do fútbol todo pode cambiar en horas. ¿A que vén aquel anuncio de renovar a Herrera en decembro con independencia da categoría? E se chega a asinar entón Paco.... Como tampouco veñen a nada as sucesivas ratificacións cando polo teu maxín xa empezan a rondar outras ideas.
Ninguén vai discutir a política económica nin que este clube voltou á vida con decisións tan importante como antipopulares como as ordeadas por Mouriño no seu día, pero nesta ocasión, como noutras crises precedentes, a evolución dos feitos foi un auténtico esperpento.
Menos mal que a punto de finiquitar o sainete a súa señoría foi capaz de prescindir dun actor secundario. Do contrario, a guerra non tardaría moito.