Un apoio necesario

| SUSO VARELA |

CDLUGO

DESDE EL ADARVE

12 may 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

O VINDEIRO domingo o Club Deportivo Lugo xógase manter a categoría da Segunda División B. Non depende de si mesmo. Ten que gañar e que outros conxuntos perder os seus encontros. Parece unha cuestión menor e simple deporte, pero na sociedade na que estamos hoxe, un club deportivo con certo nivel é un pequeno ou gran motor, depende da entidade, para o desenvolvemento dunha cidade. Se o Lugo descende a Terceira División as repercusións económicas para a capital lucense serán importantes, amén de que os propios xogadores, adestradores e directivos quedarán bastante tocados. Restaurantes, bares, cafeterías, hoteis, empresas de autocares, comercios, gasolineiras, tendas de deportes, entre outros sectores e empresas, vense afectados polo descenso ou ascenso dun club deportivo. Aínda que sexa por un día, apoiemos ó C.D.Lugo.