Xosé María Lema publica «Toponimia de Zas»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

Portada do novo libro
Portada do novo libro .

O soneirán debuta na colección «Terra Nomeada» da Real Academia Galega

17 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A colección Terra Nomeada da Real Academia Galega coa colaboración da Asociación Galega de Onomástica medra con dous novos volumes asinados por dous destacados especialistas en toponimia do país. O académico correspondente Xosé María Lema, de Vimianzo, é o responsable de Toponimia de Zas, mentres que o colaborador do Seminario de Onomástica Fernando Cabeza, afincado en Carballo, aborda os nomes vinculados aos municipios de Padrón e Pontecesures. Ambas as achegas contan, ademais, cunha edición dixital xa dispoñible en academia.gal.

Lema debuta en Terra Nomeada. Publicado co apoio da Deputación da Coruña e do Concello de Zas, o estudoso afonda na orixe e o significado de 147 nomes da localidade e, tamén, de Soneira e Xallas. Incide no río do Porto, impropiamente denominado río Grande, advirte.