O espectáculo, de Gabriel Fernández e Julio Molina, foi declardo de interese cultural en Bos Aires. Chegará a Soneira o vneres 16 de maio
03 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Venres 16 de maio • O Concello de Vimianzo sumarase un ano máis á celebración das Letras Galegas con diversas propostas, unha ben destacada o venres 16 de maio. Trátase dunha «proposta escénica de gran valor»: Galego, de Gabriel Fernández e Julio Molina. Será ás 20.30, no auditorio da Casa da Cultura, con acceso de balde.
Galego foi declarada de interese cultural pola cidade de Bos Aires e relata a historia dun home maior, migrante, que desprega a súa memoria dende o presente. O texto bebe de fontes biográficas, narracións orais e investigación documental. Tanto Gabriel como Julio teñen unha longuísima traxectoria, galardóns incluídos. Teatro, memoria e identidade nesta obra que «rende homenaxe ao galego e as emigrantes que non esqueceron as súas raíces.