Propón o Concello un xeito especial de pasar o festivo, coñecendo o patrimonio soneirán
15 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.Un día especial, o das Letras Galegas, e un xeito especial de coñecer patrimonio de Vimianzo, con visitas guiadas organizadas polo Concello, nas que Luísa Villalta mesmo se atopará con Evaristo Martelo. No castelo, este venres 17, percorridos ás 11.00, 12.00, 16.15 e 17.15. Nos Batáns e Muíños do Mosquetín, ás 13.00 e 18.30 horas. Guía a técnica Mariví Amigo. As inscricións, gratuítas, fanse mediante esta ligazón web.