O amor nunca doe


Máis de 1.000 mulleres mortas dende o 2003. Mil familias. Moitos fillos orfos e outros tantos que foron asasinados polos seus propios pais. Estou farta dos comentarios acusadores, dos metros que miden o longo dunha saia ou o carmín que botas nos labios. Dos xuíces cegos de raciocinio. Nunca haberá motivación algunha para asoballar os dereitos e a liberdade de calquera persoa.

A sociedade terá que concienciarse do que está pasando aí fora, non estamos asediados nunha burbulla de cristal impenetrable. A xente dicía, polo atentado contra a muller de Vimianzo, que nunca pensaran que podía pasar aquí. Simplemente dicirlles, que pasa en toda o territorio, independentemente das coordenadas. Que basta de minutos de silencio.

Ás que hoxe están nun cemiterio non lle fan falta. Eu, se fose unha vítima machista, como a mellor das homenaxes, gustaríame ter solucións. Que por ser muller nin fose incentivada nin coartada. Que tivese as mesmas oportunidades sen discriminación de xénero. Poder camiñar sen medo. Non debemos acostumarnos a ver todos os días asasinatos de mulleres nas páxinas de sucesos. O amor nunca doe. Deixemos de buscar medias laranxas e pensemos que somos a laranxa enteira. Mellor quitemos da cabeza que os amores pesados son amores queridos. Se é amor non pode doer.

Xa por último deixemos a mercadotecnia. Unha chapa na lapela da camisa non fai cambiar as cousas. É mellor analizar o noso entorno e axudar a aquelas mulleres invisibles, silenciadas, aquelas mulleres que esperan con ansia saber cando chegaran os seus homes á casa porque teñen medo. Medo de que as golpeen, as insulten, as maten. Mulleres que moitas veces non encontran axuda.

Mellor soas, que mal acompañadas, compañeiras.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

O amor nunca doe