Merce Castro, actriz: «Os galegos somos continuos emigrantes»

V. couto / p. blanco

VIMIANZO

MARTINA MISER

A compañía Eme2 representa esta tarde en Vimianzo «Get back». É unha das opcións teatrais na Costa da Morte: tamén hai dramaturxia en Muxía, Baio ou Cee. Aquí, todas as posibilidades

28 oct 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Carballo, Cee e Muxía son localidades que teñen programadas obras de teatro para hoxe. Tamén Vimianzo (Casa da Cultura, 21.30 horas), onde a compañía Eme2 interpretará Get back. A entrada para a función ten un custe de 5 euros (2,5 a entrada reducida). Da peza falou onte en Radio Voz unha das súas actrices, Mercedes Castro.

-«Get back...». ¿Volvemos a algún lugar con esta obra?

-Transpórtanos a Londres. Os galegos emigrados alí denomínanse londoners e nesta obra temos un metro onde, por unha avaría, quedan pechados durante case hora e media catro galegos e un británico. Aí comezan a espertar un pouco os seus medos, inquedanzas... Empezan tamén a entablar relación entre eles, porque o certo é que nas grandes cidades cada un vai bastante ao seu. Vese tamén unha desconfianza, polas últimas circunstancias, os atentados...

-Comedia moi real, logo.

-Si, de feito, a obra partiu da idea de falar da emigración, pero vista dende o hoxe e non dende hai anos, que tamén a tivemos. Os galegos somos continuos emigrantes. Na actualidade a xente moza tamén ten que emigrar. Londres pareceunos idóneo, aínda que podería ter sido outra cidade ou país. Get back arrinca dun traballo de investigación de Camilo Franco, que fixo entrevistas en Londres a emigrantes galegos alí. Desas enquisas fóronse sacando personaxes e historias -as da obra son aproximacións á realidade- e contamos con Diego Ameixeiras, gran novelista e dramaturgo, para darlle forma e escrita. Ter a Jorge Coira como director foi, ademais, unha experiencia marabillosa. No elenco está Tamara Canosa, Federico Pérez, Alfonso Agra, Miguel Guido [el ofrece o punto de vista de alguén británico] e eu.

-¿Como está sendo a acollida nas representacións da obra?

-A verdade é que moi ben. O público pode rir, mais tamén lle crea certos golpes de impacto, sen chegar a chorar. Dentro da comedia, hai a súa parte de drama. De feito, nalgunhas representacións tivemos xente emigrada alá, agora retornados, e foi marabilloso o que nos dicían: que lembraban cousas...

-Levan xa un certo tempo coa función, pero as sensacións que transmite cada auditorio é diferente. Nunca dúas obras son iguais.

-Si, cada espazo, cada lugar e cada público ofrecen algo diferente. Iso é tamén o encanto do directo e o encanto do teatro, xa que cada día te enfrontas a algo novo. Pola nosa banda, aí estamos os cinco metidos no metro, con todas as nosas enerxías. É un equipo que se configurou e que resultou moi sólido, moi compacto. Penso que o público poderá pasar unha hora e cuarto marabillosa, e iso é o que pretendemos. Despois, que saian e reflexionen ou, simplemente, que pasen un bo rato. Nós tamén o faremos con eles.

OUTRAS PROPOSTAS TEATRAIS PARA HOXE

«De Chispa a Tatá. Imos de Moraña a Zas»: Os Bolechas

Hoy • 18.30 horas • Centro sociocultural de Baio • La Xunta, a través de la Secretaría Xeral de Política Lingüística, programó un nuevo fin de semana de actividades en los concellos que forman parte de la Rede de Dinamización Lingüística. Uno de ellos es el de Zas, que hoy recibirá a Os Bolechas, los populares personajes de Pepe Carreiro. Será en el centro sociocultural de Baio, y no es precisa entrada previa, ya que el pase es libre hasta contemplar aforo. El espectáculo -De Chispa a Tatá. Imos de Moraña a Zas- conjuga ocio y contenidos culturales, a través de la interacción con el público.

«As fillas bravas», de la compañía Chévere, en Muxía

Hoy • 20.00 • Salón do Voluntariado • 1 euro • «Tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta [...], porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira...». Así es el argumento de As fillas bravas, obra Chévere que ahonda en el teatro con perspectiva de género. Las entradas pueden comprarse en el Salón do Voluntariado desde las 19.30.

El teatro de la compañía ButacaZero pone fin al programa O Mes da Fundación en Cee

Hoy • 20.30 horas • Casa da Cultura • La quinta edición del programa O Mes da Fundación, promovido por la Fundación Fernando Blanco de Lema en colaboración con varias entidades, entre ellas el Concello de Cee, llegará a su fin esta tarde con la representación de la obra Na butaca. Fantasía número 3 en dor maior, una propuesta de la compañía ButacaZero que aborda la cuestión del olvido y la demencia. Esther Carrodeguas y Pepa Barreiro, integrantes de la formación, compartieron ya ayer tiempo con escolares de bachillerato del municipio, como preludio a esta sesión. Fue un taller sobre la memoria, con reflexiones de lo que esta significa, a través del teatro y, a la vez, un taller teatral, acercándolo al público como herramienta.