?osé Daniel Turnes Rey, de 30 anos (31 en decembro, o día de Santa Lucía), natural de Santa Comba, será o próximo párroco de Vimianzo, Calo e Cambeda. Sustitúe a Ramón Jorge Álvarez Baliña, finado a finais de novembro pasado. A presentación do novo cura será o vindeiro domingo ás 19.00 horas na igrexa de San Vicenzo. Turnes sinala que chega a Soneira «moi ilusionado e orgulloso do destino». Non en van, sinala que a capital de Soneira é un municipio importante e non habitual de curas mozos. Dende Brión E tamén chega, engade, con algo de mágoa por deixar atrás as súas catro parroquias actuais, nas que exerce dende que se ordenou hai catro anos e medio: San Xulián de Luaña, Santa María de Cornada, Santa María de Ons e e Santa María de Viceso, todas no Concello de Brión. Nelas desenvolveu unha importante labor pastoral.