Os grandes cocidos en Bergantiños empezaron por Cores-Nemeño

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

O Abaladoiro | A Festa do Cocido organizada por A Xolda volveu ser todo un punto de encontro

19 ene 2025 . Actualizado a las 22:58 h.

Cando menos con esta magnitude, e sen contar aqueles compartidos nos fogares, seguramente non sexa moi errado dicir que a Festa do Cocido de onte en Cores-Nemeño (Ponteceso) foi das primeiras do ano en torno a este prato tan de inverno. Á asociación A Xolda luciulle bo día, mais coa pertinente friaxe para que a preparación entrase aínda mellor. Produtos da parroquia, mesmo doados pola veciñanza, e a boa man na cociña dos membros da asociación e mais de Bautista Mato. Máis de 300 persoas, a golpe de ollo, acudiron a esta cita que logo da enchente incluía tamén unha animada tarde de baile.