«Esta novela vai sobre heroes que fan grandes cousas sen grandes palabras»

Cristina Viu Gomila
Cristina Viu CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

XOAN A. SOLER

Boa parte de «O exército de fume» pasa en Brantuas, Niñóns, Laxe e Ponteceso. Así o conta o autor, o profesor, xornalista e divulgador Manuel Gago

19 ene 2021 . Actualizado a las 23:54 h.

Manuel Gago (Palmeira, Ribeira, 1976) vén de publicar O exército de fume, a súa segunda novela, moi relacionada, como a primeira, coa Costa da Morte.

-¿Cando presenta a novela na zona?

-O domingo, a mediodía, na Semana Cultural de Brantuas.

-Si, porque en Brantuas pasan cousas...

-Si, a obra está ambientada en Ponteceso, Laxe, Brantuas e Niñóns. Boa parte da documentación para escribila xurdiu no proxecto arqueolóxico cos canteiros de Brantuas e Niñóns aos que acabei incorporando á novela e que son moi importantes