Luz para as mulleres esquecidas

Xosé Ameixeiras
A. Lavandeira CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

A Fundación Pondal entregou os premios Bicos de mel por ir abrindo camiños

26 nov 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Onte foi o día das «mulleres esquecidas que ben merecen ser recordadas», como lle dicía Eduarda Pondal á súa amiga Rosalía de Castro. A fundación dedicada ao bardo de Ponteceso acolleu o acto número 100 do centenario da morte do autor do himno galego. Unha xornada cargada de emoción e de arte que rematou cunha homenaxe a Dolores Centeno Soto, armadora que rexentou un astaleiro na Telleira (Canduas-Cabana); á artista Asunción Antelo, a Rexubeira de Bergantiños; á música Matilde de Limiñoa (Cores-Ponteceso); á poeta Hermosinda de Tabuído (Cabana); a María Baña Varela, poetisa popular (Neaño-Cabana); a Celia Rivas (Fisterra), primeira camioneira de España; á parteira Susa da Chasca (Corme); a Marcela e Elisa, as mestras protagonistas do primeiro matrimonio homosexual, e a María Rosa de la Hoz, vítima de violencia machista. Todas elas mulleres que avanzaron na senda da igualdade. As loanzas foron finalmente enleadas con actuacións musicais de Adhara Caamaño, Isabel Fernández, Lupe Blanco, Adriana Felpete e Alba da Costa.

Rosalía de Castro e Eduarda Pondal foron as condutoras do acto de recoñecemento cos premios Bicos de Mel, que foron para Carmen Eiroa Barreira, Dolores Macías Pose, Matilde Vilariño Pose, Asunción Vila Cotelo e Teresa Reigía Pose. Todas elas foron galardoadas por «toda unha vida adicada á defensa e á visibilidade da muller rural». E veu para entregarlles os agasallos a directora xeral de Relacións Institucionais, Blanca García-Señoráns Álvarez.

O acto foi pola tarde, pero a xornada comezou pola mañá cuns relatorios por parte de artistas, escritoras, empresarias, e deportistas diante dos nenos das Aulas Científicas Parga Pondal.

Vinte mulleres que puxeron os marcos á «fantasía femenina»

«Detrás do espello todas eramos a mesma muller... sen rostro, que cada unha se debuxe como ela mellor queira». Rosalía Fernández invitou ás presentes a deseñar os marcos «da fantasía feminina». Unhas vinte escritoras, artistas, deportistas, empresarias... deron unha lección de vida á rapazada das Aulas Científicas. Unha especie de terapia colectiva chea da sabedoría que dan as experiencias. No medio, palabras que acoitelarían calquera corazón, como as de Milagros Cotelo: «Levo toda a vida loitando». Unha montaña de dificultades á que se enfronta día a día, un muro negro e infranqueable cando abre os ollos cada mañá que só pode superar coa súa arte.

Empezou Lupe Blanco cunha regueifa de esperanza. Priscina Suárez, que triunfa nun mundo de homes; seguiu Sandra García, cas súas aventuras co motor; Viki Rivadulla, por crear o seu «espazo propio»; Carmen Isabel, coa súa conquista dun labor vedado ás mulleres; Paula Lema; Natali Asorey, co que fai na súa Colaxe; Olga Campos, coa historia nas asociacións; Branca Vilela, Charo Vázquez, Alba Bermúdez, Diana Pastoriza, Érica, Teresa Seara, Aida, Teresa Lema, Tania Carreira, Luz Imia e Uxía Varela, orgullosa de ser muller, galega e do Couto. E moita emoción.

Outros actos conmemorativos da xornada

Concentración con Buserana, en Cee

JORGE PARRI

JORGE PARRI

JORGE PARRI

JORGE PARRI

Magia en clave femenina en Muxía

Xesús Búa

Apagón simbólico en Carballo

BASILIO BELLO

Deporte solidario: Artai junior

BASILIO BELLO

BASILIO BELLO

BASILIO BELLO