Xornada de festa, formación e divulgación na aldea do Couto

La Voz

PONTECESO

Ademais dos actos do San Tirso e da Escola de Tempo Libre, haberá unha Cova Céltica con Benito Santos

28 ene 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Os veciños da aldea do Couto (Ponteceso) terán hoxe por diante unha intensa xornada de actividades.

No marco das festas de San Tirso, patrón da parroquia (Cospindo), celebraranse a carreira guiada Caros Lugares (ás 11 horas) e haberá varias actuacións musicais: pasacalles co grupo local Inllar e sesión vermú e verbena con Mayel. Ademais, desenvolverase un campionato interparroquial de tute.

Pola súa banda, a Fundación Eduardo Pondal proseguirá en horario matinal na vella casa reitoral coas clases da súa Escola de Tempo Libre, que terá como convidada Silvia Losada. Xa pola tarde, celebrarase unha nova sesión do ciclo Cova Céltica. Hoxe (17 horas) tocaralle ao cormelán Benito Santos, protagonista do documental O eslabón perdido, explicar a súa paixón por unha peculiar variante da escalada denominada boulder.