Pasos hacia un alumbrado sostenible

ana f. cuba FERROL / LA VOZ

MUXÍA

CESAR TOIMIL

La Diputación ha financiado 70 obras de mejora de la eficiencia energética desde 2017 y el IDAE subvenciona proyectos en varios concellos coruñeses

04 ene 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Entre 2017 y 2020, la Diputación financió 70 obras de mejora de la eficiencia energética en 31 municipios de la provincia, por seis millones de euros. Muchas de estas actuaciones consisten en la sustitución de luminarias convencionales por otras de tecnología led. Esta es una de las mejoras previstas en el proyecto del Concello de Muxía para el entorno del santuario de Nosa Señora da Barca. «Ten dúas liñas: a sinalización ecolóxica sostible, con madeira e pedra; e a iluminación sostible, luz indirecta e oculta nos muros de mampostería, enfocada ao chan para evitar a contaminación lumínica», indica el alcalde, Santiago Toba.

Los ayuntamientos de Coirós, Narón o Culleredo figuran entre los que más han apostado, en los últimos años, por un alumbrado cada vez más eficiente. Juan López Fouz, gerente de la empresa Instelec, concesionaria del servicio en Culleredo o Cambre, reconoce el esfuerzo de estos concellos «por reducir las emisiones de CO2, además del ahorro en la factura eléctrica y la evitación de la contaminación lumínica». En 2020, el Colegio de Ingenieros de Galicia premió a Instelec por el cambio de la iluminación del conjunto del polígono de A Grela, un proyecto en el que colaboraron el Ayuntamiento de A Coruña y varias empresas.

Santiago protege su patrimonio

El Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía (IDAE), dependiente del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, promueve el programa de ayudas para la renovación de las instalaciones de alumbrado exterior municipal, con una importante inyección económica a través del Fondo Europeo de Desarrollo Regional.

En la primera convocatoria, el Concello de Santiago obtuvo 1.284.576 euros para la sustitución de lámparas, luminarias y cuadros de control, y la instalación de sistemas de gestión centralizada. Esta intervención ya ha sido ejecutada y, según explican en el Ayuntamiento, este año se licitará un sistema de alumbrado ornamental inteligente, con el doble objetivo de preservar el patrimonio y reducir el gasto. «El alumbrado y la conservación de fachadas de elevado valor patrimonial supone 3,5 millones de euros al año en electricidad y mantenimiento de luminarias, el 9 % del capítulo 2 del presupuesto anual municipal», indican.

El ingeniero del Concello de A Coruña Coque Alcázar sostiene que «la mayoría de los ayuntamientos lo están haciendo muy mal» en esta materia, por falta de personal técnico que supervise los proyectos y por la irrupción de «fabricantes emergentes [de tecnología led]», además del «material traído de China, con dinero público y sin ningún tipo de control». Alerta de «inversiones millonarias mal planteadas».

A Coruña, primer concello que se suma a la iniciativa «Slowlight»

El 16 de mayo se publicó el Manifiesto Slowlight, una iniciativa de Coque Alcázar y Raquel Valiño que propugna «una nueva cultura de iluminación pública». Persigue «obtener entornos a través de la luz, en el ámbito urbano y en el rural, creando espacios nocturnos en armonía, en los que la noche recupera protagonismo, gracias a una iluminación calmada, inteligente, saludable, sostenible, confortable y emocional, donde tanto la luz como la oscuridad son protagonistas en el diseño del paisaje nocturno». 

Alcázar, ingeniero industrial, lleva 20 años gestionando el alumbrado público de la ciudad de A Coruña. Las administraciones públicas y el sector empresarial de iluminación técnica (fabricantes, ingenierías o empresas constructoras e instaladoras) son los destinatarios, junto a la ciudadanía, de la iniciativa Slowlight. Alcázar preside la asociación homónima, que acaba de echar a andar. El Ayuntamiento de A Coruña es el primero que se ha sumado, igual que Portos de Galicia, y pronto lo hará la Diputación. «La política de iluminación pública tiene que evolucionar hacia la sostenibilidad, y para eso no basta con cambiar luminarias por leds», remarca Alcázar. El Manifiesto Slowlight pretende servir de guía.

Jairo Orjales, técnico de servizos básicos en Narón: «Non por ter máis cantidade de luz nunha zona está mellor iluminada»

 O traballo de Jairo Orjales Sande, técnico de servizos básicos e mantemento do Concello de Narón, guíase polo regulamento de eficiencia enerxética e as recomendacións do Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE) e do Comité Español de Iluminación. «Non por ter máis cantidade de luz nunha zona está mellor iluminada», subliña. A partir de aí, busca a eficiencia, cunha nova referencia, o Pacto dos Alcaldes polo Clima e a Enerxía, que compromete a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro nun 40 % ata 2030.

 -Aforro ou eficiencia enerxética?

-Aforro é un consumo menor de enerxía, que conleva un menor gasto económico. Falar de eficiencia implica, a maiores dun menor consumo, a mellora das características do equipamento.

-Que é un alumeado eficiente?

-Un alumeado que consume a mínima enerxía posible e ten unhas características adecuadas de iluminación. É un alumeado que, a día de hoxe, non debe producir contaminación lumínica nin luz intrusa (as luminarias dirixen a luz cara a onde a teñen que dirixir, non a outro sitio).

-A onde se debe dirixir a luz?

-Nunha vía pública, a luz debe estar dirixida á calzada e ás beirarrúas. A seguridade viaria é un aspecto transcendental. E nunha praza ou nun parque, a súa superficie é o obxecto a iluminar, cos itinerarios peonís que conteña.

-Que hai detrás dun alumeado eficiente?

-Detrás dun proxecto de cambio de iluminación (substituíndo luminarias existentes por leds) hai un estudo, no que se analiza que luminarias instalar, cales son as máis adecuadas para a zona. Cada día miramos máis como rebaixar a temperatura de cor, hai estudos que confirman que debemos evitar a radiación azul (compoñente da luz máis fría) porque é unha forma de contaminación lumínica, aínda que non se emita no hemisferio superior, xa que pode afectar ao ecosistema. Atopamos zonas sobreiluminadas e outras infrailuminadas... O regulamento de eficiencia enerxética marca as cantidades máximas e medias de nivel de iluminación, nunca nos indica as mínimas. Isto lévanos a pensar que canto máis consigamos baixar os niveis de iluminación mellor será. Non por ter máis cantidade de luz nunha zona está mellor iluminada, senón canto máis uniformemente se faga.

-Falaba da seguridade viaria...

-A iluminación ten que ser agradable e ten que reproducir ben as cores, para que un condutor vexa ben un peón cando cruza un paso de cebra, que non afecte á circulación viaria, que non provoque deslumbramento. Todo iso estudámolo e mellorámolo.

-O aforro económico é real?

-Conséguense, sen dúbida, aforros do 50 %. Hoxe estamos substituíndo puntos de luz de 150 vatios por outros de 35, en zonas con alumeados optimizados. O aforro está contrastado e vese nas facturas, aínda que os prezos da enerxía levan anos á alza.

-Outro beneficio é a redución das emisións de CO2.

-Si, e é moito máis representativo que o aforro na factura. Cantos menos quilovatios se consumen menor é o nivel de emisións.

-E a contaminación lumínica.

-Houbo un momento no que o exceso de iluminación se asociaba ao progreso e o benestar. Iso non é así e só consegue que en moitas zonas urbanas non se poida apreciar o ceo (España é un dos países máis contaminantes). Tamén hai un tema de eficiencia, se a luz a diriximos ao ceo ou a un terceiro piso non se está dirixindo a onde se debe: a calzada, a beirarrúa ou o camiño peonil. Entón estase malgastando.

-A tecnoloxía led evolucionou.

-As características técnicas melloraron moitísimo. Hoxe, unha luminaria da mesma potencia emite máis e mellor luz que fai anos. Coa tecnoloxía actual, as ópticas permítenche achegar a luz onde sexa necesario. Tamén se foron rebaixando as temperaturas de cor, ata chegar a valores inocuos para o ecosistema. Está demostrado que valores altos son prexudiciais.

-Falaba da uniformidade.

-É moi importante porque che permite baixar o nivel de iluminación e, polo tanto, a potencia, cun maior aforro. Os nosos ollos son moi comparativos, e se hai moita luz debaixo dun punto de luz e pouca entre dous vainos parecer que a zona está escura, cando ao mellor está sobreiluminada pero hai mala uniformidade. Debemos procurar no posible que exista o mesmo nivel de iluminación debaixo dun punto de luz que entre dous puntos de luz, ou que tres ou cinco metros máis adiante ou a un lado. Así tamén reduces o risco de ter contaminación lumínica ou luz intrusa. O importante é iluminar o que se necesita. E agora non se entende que un alumeado público non reduza os niveis de iluminación un 30 ou un 40 % despois das doce da noite.

-Sobre a iluminación de Nadal...

-A iluminación de Nadal ou a das festas do verán é moito máis eficiente e sostible que hai cinco ou dez anos. En Narón seguramente se está gastando un 70 % menos e hai moitos máis elementos colocados. Da típica guirnalda de hai 20 anos con 100 bombillas de 40 ou 60 vatios, pasouse a microleds de menos dun vatio.