«A retirada de Félix pode beneficiarnos, claro que si»

F. Rodríguez / M. López CARBALLO / LA VOZ

MUXÍA

Jorge Parri

A CARREIRA ELECTORAL | Candidata por vez primeira á alcaldía de Muxía, a popular Sandra Vilela pretende elevar o deporte muxián ao primeiro nivel, así como mellorar as infraestruturas

28 abr 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Primeira experiencia de Sandra Vilela (1987) liderando o proxecto popular en Muxía. Sinala que esta candidatura é para ela o cume dunha vocación vital, e que chega nun momento que non sería quen de describir, coa marcha co que durante doce anos foi o rexedor muxián. Cre Vilela que a perda de poboación é a maior lacra do municipio e, para atallala, propón captar capital privado. «Non hai candidatos máis ilusionados ca min», asevera.

-Como leva ser candidata á alcaldía de Muxía por primeira vez?

-Moi ben, a política foi sempre a miña gran vocación e estou recibindo moito cariño e moito apoio por parte dos meus compañeiros. Moi contenta, en xeral.

-Félix Porto, rexedor nos tres últimos mandatos, non concorrerá desta volta. Axudará iso a rescatar algún concelleiro?

-Non se poden negar os resultados que obtivo Félix, e o gran apoio que ten no noso municipio. Sendo sincera, isto claro que nos pode beneficiar, porque moita xente, pese a ideoloxicamente pertencer ao Partido Popular, estaban votándolle a el, tamén, en parte, pola situación que atravesou o noso partido.

-Cales son as liñas mestras do programa que propoñen?

-Queremos buscar inversión privada para Muxía, porque entendemos que o noso principal problema é a perda de poboación. Polo tanto, cremos que dende o Concello podemos contactar coas empresas e vender Muxía e o seu grandísimo potencial. Por outro lado, pretendemos darlle unha volta a toda a política social, creando un centro de atención para os nosos maiores onde teñan actividades de todo tipo (tanto lúdicas como terapéuticas). Apostamos, así mesmo, polo deporte e queremos ser un referente para toda a Costa da Morte. Ademais, traballaremos polas infraestruturas, tratando de mellorar as instalacións do concello e coidando as vías de comunicación.

-Como ve a situación política en Muxía?

-Creo que estamos nunha situación que ninguén agardaba hai ano e medio. Primeiramente, pola retirada de Félix, e despois polo novo candidato, que tampouco era esperado. Non seriamos capaces de facer apostas agora mesmo do que vai suceder no mes de maio. Nós cremos, iso si, que Muxía precisa un cambio xa, e polo tanto estamos moi esperanzados de que este sexa o noso momento.

 A favor / en contra

  • Cadea perpetua revisable: A favor
  • Aborto: Con limitacións
  • Investigados nas listas: Respectar a presunción de inocencia
  • Traslado de restos de Franco: En contra
  • Referendo en Cataluña: Referendo, pero en toda España
  • Acollida de refuxiados: Con condicións
  • Eutanasia: Non o teño claro, é complexo
  • Cambio lei violencia xénero: Sempre e cando sexa para mellor
  • Prohibición fumar praias e piscinas: A favor
  • Casco urbano a 30 km/h: Se é para mellorar a seguridade, si

Preferencias

  • A que hora se ergue? Ás 8.00
  • Que almorza? Moi mal, pero non almorzo [ri]
  • Prato preferido: O cocido
  • Que non comería? Non sabería dicir, gústame probar
  • Bebida preferida: O viño Mencía
  • Equipo de fútbol: Son do Madrid, pero apoio ao Muxía
  • Que coche ten? Un Opel Vectra
  • Unha afección: A política
  • Un lugar: Fácil [ri], o Santuario da Barca
  • Que tarefas de fogar realiza? Compártoas coa miña parella

Artes e letras

  • Escritor favorito: John Verdon
  • Último libro que liu: Una rosa sangrienta
  • Última película que viu: En la roca
  • Un artista: Rosalía
  • Un actor: Eduardo Noriega
  • Unha actriz: Paz Vega
  • Un cantante: David Bisbal
  • Tipo de música: Gústame a salsa
  • Deporte que practica: Non son afeccionada ao deporte
  • Unha viaxe pendente: Quero ir a Bos Aires a coñecer á familia que teño alí emigrada

A lista

1. Sandra Vilela Riveiro

2. Sofía López Simón

3. Javier Lema Suárez

4. Pablo Barrón Lorenzo

5. Manuel Bardullas Domínguez

6. Virino Fandiño Leira

7. Cristina García Blanco

8. Diego Blanco López

9. Natalia Caamaño Canosa

10. Carlos Leira Leira

11. María de la Barca Moreira Suárez

Suplentes:

José Manuel Sánchez Caamaño