O Atlántico trouxo poesías de Gonzalo López Abente

Xosé Ameixeiras
Xosé Ameixeiras CARBALLO / LA VOZ

MUXÍA

X. AMEIXEIRAS

A Fundación que leva o nome do autor promoviu un Roteiro que partiu de Lourido

11 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

«Pola area de Lourido paseo o meu amor vello». Foi o primeiro punto de parada do Roteiro Abentiano que celebrou o xoves a Fundación López Abente. Xan Fernández Carrera explicou a paisaxe, os castros comestos polas areas dunares e os montes do entorno, mentres Suso Sambade deu cadra da biografía do poeta muxián. Rosalía Fernández recitou «Eu cheguei, Facho altivo» e Miro Villar, gran sonetista, o soneto, «No Facho».

A seguinte parada foi unha camiñata á Punta da Buítra, con vistas de Vilán, Muxía e un inmenso Atlántico. De novo, explicacións para lembrar a lenda da Funda da Buserana, «A Buítra» e «A Arnela». A derradeira parada foi en Touriñán. Fernández Carrera contou a historia do fareiro Benlloch, os misterios do naufraxios, o últimos raios de Sol de Europa.

«Da terra vixiante, centinela, desperto». De novo, Suso Sambade, Miro Villar e Rosalía Fernández recitaron os versos de Abente dedicados a Touriñán, «soberbo promontorio, monte rudo».