O neto da célebre muxiana escribiu unha carta aberta na que dá o seu apoio aos dous galardóns en marcha
25 feb 2010 . Actualizado a las 11:30 h.De premios, e da vida en xeral. O blog de María Amelia López Soliño (http://amis95.blogspot.com) estaba sen actualizar dende maio do ano pasado, cando a súa protagonista morreu. «Non quero bágoas nin frores/ Só quero a pedra de abalar/ dos meus amores». Con este verso, e cunha foto da Pedra, a anciana de 97 anos despedíase da súa lexión de admiradores por todo o mundo, que poboaron de visitas (1,5 millóns no momento o seu pasamento) e de comentarios o seu espazo na Rede.
Dende entón, os comentarios seguiron adiante, o mesmo que as visitas, que xa enfían os dous millóns. Pero non os comentarios da entrada. Ata onte.
«Hola Abuela. Cuanto tiempo... Tenía ganas de escribir esto pero también tenía ganas de no escribir. Este blog es tuyo y si lo toco es hoy por primera y última vez. Pero tengo que contarte muchas cosas... Porque pasaron unas cuantas... La familia bien, como siempre, tu biznieta guapísima y cucona (tiene mucha personalidad, no sé a quien saldrá...). Y el blog? Ahí está el temita ...».
Así empeza a carta que lle remite o seu neto, artífice técnico deste sitio (fora o regalo do seu 95 cumpreanos) para falarlle, no nome dos seus seguidores, de como están as cousas, sobre todo en canto aos premios en marcha que levan o seu nome. Pero, antes de falarlle diso, o neto relata o que lle pasou co blog. Houbo un día en que xa non puido entrar nel, nin co contrasinal nin con nada. «Fue muy extraño», explica. Ata que, grazas a Google, recobrou o control. e decatouse de que alguén, seguramente se querer, entrara no panel de control, pero sen facer nada.
Pero el estaba co dos premios e coa influenza deixada pola avoa.
Por unha banda, cóntalle que se foron creando grupos dentro das redes sociais para apoiar aos anciáns, como ela quería. Crearon un blog no seu nome, o Premio Internacional para Blogueros Mayores (http://premiomariaamelialopez.blogspot.com) e tentan que o asuma algunha institución. Falaron co Concello no seu momento, pero este instaurou outro con outra orientación, máis centrada no traballo en prol de Muxía, que tamén se chama Premio María Amelia, para o que xa se poden enviar candidaturas.
Os blogueiros pídenlle apoio, pero o neto di que non ten que apoiar nada, pero que se o fan, pois que os apoia, e o mesmo fai co do Concello.
«Así que ya ves abuela, la que has liao ... Pero, bueno, que todos los problemas sean esos, ¿no? Ahora te estarás riendo contenta de recibir estas noticias. Tu tema de los ancianos caló hondo y tienes que estar muy orgullosa», comenta no blog.
E para rematar, o peche. A apertura dunha nova etapa. «Voy a cerrar los comentarios de todos los artículos del blog. Por dos cosas, por el spam y porque creo que el blog se debe leer como fue y no como será. Comentarios de ahora en los primeros posts creo que no tienen mucho sentido. Limpiaré todo el spam y dejaré abierto solo estos dos últimos para que la gente pueda seguir escribiendo. Así quedará para cuando aprenda a leer tu biznieta. Pues esto es lo que te quería contar, abuela. Ni más ni menos. Lo demás te lo cuento con la mente. Y la aventura del blog también termina aquí para mí. Un besazo muy grande a tí y a todos.
Fue tan divertido como sencillo».
Onte pola tarde xa había numerosos comentarios no blog sobre a carta, todos eloxiosos e nostálxicos. Os dous millóns de visitas están a un paso.